Etiquetas

domingo, 30 de xuño de 2013

O Celta B ascende a Segunda División B


lof



Un inicio soberbio de partido e saber sufrir cando a eliminatoria se puxo costa arriba resultou fundamental para que o Celta B recupere o seu sitio en Segunda B un ano despois do descenso.
Un inicio soberbio de partido e saber sufrir cando a eliminatoria púxose costa arriba resultou fundamental para que o Celta B recupere o seu sitio en Segunda B un ano despois do descenso.
Os celestes tiveron un inicio irresistible. Madinda marcou case na primeira chegada logo dun regate prodixioso e a continuación Santi Mina cunha xogada persoal marchouse de canto rival ata que marcou de tiro cruzado ante a portería de Txemi. Coa culler case entregada, un lance de sorte, minutos despois devolveu a esperanza ao Areas, que acurtou distancias por mediación de Imanol nun rexeite tras saque de córner. Na recta final do primeiro tempo os vascos conseguiron levar a contenda ao patadón e ao fútbol directo, tamén á estratexia, que serviu ao comezo do segundo tempo para que empatasen a dous goles.
E cando parecía máis difícil, chegou a templanza do conxunto filial vigués, que soubo xogar a última media hora e que só lle faltou aproveitar as oportunidades para sentenciar. Non o fixo, e a falta de dous minutos viviu un susto mayúsculo cun libre indirecto dentro do área que se sacou sen consecuencias. O Areas xogou cun menos os últimos minutos por expulsión do central Perera.
Os vigueses ascenden sen perder un só partido na fase de ascenso, tres vitorias e outros tantos empates.

Sergio Álvarez renova o seu contrato co Celta

O canteirán amplía a súa vinculación co club por unha temporada con outra opcional.

O cancerbeiro galego mostrouse moi contento por seguir en Primeira co Celta. Para Sergio, esta renovación apórtalle confianza e ilusión. Sigo neste club, que é o que sempre quixen.

O porteiro de Catoira afronta o futuro con ilusión e optimismo, contento cos partidos disputados ata agora pero con ganas de mellorar e crecer. Séntome moi ben tratado, feliz e orgulloso por vestir estas cores.

sábado, 29 de xuño de 2013

Charles ficha polo Celta

Charles_-_Presentacion_-_Balaidos.jpg

O dianteiro Charles Dias (Brasil, 1984) foi presentado no estadio de Balaídos. O xogador estivo acompañado pola conselleira do club Carmen Avendaño e do director deportivo Miguel Torrecilla, quen asegurou que se lle leva seguindo dende fai tempo e todo o que aporta sempre o fai en beneficio do seu equipo".

Charles mostrouse "moi ilusionado" coa súa fichaxe polo Real Club Celta e, aínda que non quixo falar dunha cifra de goles, si prometeu "moito traballo e implicación". O atacante asegurou sentirse "en casa ao volver a Galicia" e mostrouse decidido a "triunfar en Primeira" tras "facelo en Segunda B e Segunda".

O novo xogador celeste atendeu a todos os afeccionados que acudiron á súa presentación e demostrou unha gran sintonía cos seguidores célticos desde o primeiro minuto.

A fichaxe do xogador é de 1 millón de euros, valor da súa claúsula de reiscisión, que se abonarán inmediatamente ao Almería.

Charles, antigo xogador do Pontevedra e Córdoba, foi o máximo goleador da segunda divsión española, anotando 27 goles na liga regular e 5 na promoción de ascenso a primera división.

domingo, 23 de xuño de 2013

O Celta anuncia na súa web as renovacións de Bellvís e Bermejo

O Real Club Celta pechou a renovación de dous dos seus xogadores, o dianteiro Mario Bermejo e o lateral zurdo Carlos Bellvís, en ambos casos por unha temporada con outra opcional. Os dous futbolistas celestes estarán, pois, ás ordes de Luís Enrique na campaña 2013/2014.

Carlos Bellvís disputou un total de 13 partidos en Liga, entre eles os dous útimos, definitivos para lograr a pemanencia, ante Valladolid e Espanyol, nos que ofreceu un espléndido rendemento.

Mario Bermejo participou en 33 dos 38 partidos da competición, nos que anotou cinco goles. O ariete cántabro atópase en plena fase de recuperación da grave lesión de xeonllo, rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco externo, que sufriu no mes de maio nun encontro ante o Atlético de Madrid en Balaídos.

Mario Bermejo destaca que "estou moi satisfeito e moi contento porque a lesión foi un golpe duro na situación na que estaba, sen contrato en vigor, e a verdade é que estou moi contento e moi agradecido ao club por apostar por min darme este voto de confianza ao renovar outro ano máis co equipo".

O dianteiro celeste expresa tamén a súa satisfacción polo seu rendemento na recentemente concluída tempada: "Xoguei 33 partidos, con cinco goles en Liga e un en Copa, creo que son bos números tendo en conta que tiña xogadores por diante que apuntaban a titulares. Ao final estou moi satisfeito polos números, o rendemento e os goles e por iso penso que, cando me recupere, seguirei axudando ao equipo cun bo traballo".

Sobre a evolución da súa lesión, indica que "a verdade é que vai moi ben, todo segundo o proceso marcado, sen ningún contratempo. O xeonllo non se inflama e agora que xa levo unha semana sen muletas ves realmente que todo vai ben"

"Non teño ningunha molestia que me impida avanzar neste proceso e estou moi contento porque noto que cada día vou mellorando", engade o ariete cántabro.

En canto ao novo técnico celeste, Luís Enrique, Mario Bermejo subliña que "como sabedes aquí coñecémonos todos e o que me dixeron é que é unha persoa moi traballadora, que se involucra moito e ten un fame moi grande de mellorar, de facer as cousas ben"

"É moi esixente cos xogadores, quere sacar o máximo rendemento de cada un e para iso temos que estar a lume de biqueira en cada adestramento, dalo todo e render ao mellor nivel", precisa.

Carlos Bellvís comparte a alegría con Bermejo; "Estou moi feliz por chegar a este acordo, estou moi contento en Vigo e no Celta, onde me foron ben as cousas desde que cheguei e por iso quería continuar. Repito que estou moi contento porque chegamos a un acordo".

"Alégrame moito ademais lograr o obxectivo e seguir en Primeira e espero que esta nova temporada consolidémonos e suframos moito menos que a anterior", indica o lateral celeste, quen apunta que "estou contento ademais coa chegada do novo adestrador. Todos partimos de cero e intentarei traballar coma sempre para axudar ao equipo. Sei que é moi esixente e adestrarei ao máximo cada día para tratar de coller minutos".
BELLVIS2.jpg
Tanto o dianteiro como o lateral firmaron por unha temporada con opción a outra opcional

xoves, 20 de xuño de 2013

Presentación de Fontás


Andreu Fontás, primeira fichaxe do Celta

Andreu Fontás será o primeiro reforzo do Celta de Luís Enrique. O central catalán, de 23 anos, será presentado esta tarde como novo xogador celeste, club co que asina por tres temporadas. O defensa, ao que Luís Enrique coñece moi ben, posto que o tivo no Barcelona B, tivo presenza no primeiro equipo da man de Pep Guardiola. Na temporada 2012/13 Fontás comezou no primeiro equipo do Barcelona, pero foise cedido ao Mallorca en busca de minutos. No club balear xogou 11 partidos a pasada campaña.
Andreu Fontás se incorpora al Celta

luns, 17 de xuño de 2013

José Ángel podería vir cedido


Outro que podería chegar cedido é José Ángel Valdés, que esta campaña xogou na Real Sociedade. 

A Roma, equipo que ten os seus dereitos, podería cederllo ao Celta, incluso venderllo xa que, o conxunto romano, expresou o desexo de se desfacer de el.

Luis Enrique foi o que o fichou para a Roma, seguramente, por ser da canteira do Sporting e por facer unha boa temporada 2010/2011. É un lateral moi alto, mide 1,82 cm e moi rápido. Xogou 11 paridos coa Real Sociedade este ano, 2 como titular e 9 como suplente, uns númeos que non dan moita seguridade para suplir o posto que deixa Roberto Lago, que a vindeira temporada xogará no Xetafe.

sábado, 15 de xuño de 2013

Quique de Lucas deixa o Celta



O Celta de Vigo decidiu exercer unha cláusula do contrato do seu dianteiro Quique de Lucas, que expiraba en 2014, pola que se permitía a calquera das partes romper o vínculo de xeito unilateral, co que a estancia do futbolista catalán no conxunto de Luís Enrique tocou ao seu fin tres temporadas logo da súa fichaje procedente do Cartaxena, tal e como explica o diario Atlántico. Dita cláusula non foi exercida no caso de Bellvís, que si seguirá no equipo a próxima campaña.

Desde a súa chegada no verán de 2010, De Lucas exercera un papel moi destacado no equipo galego, pero na súa primeira temporada en Primeira nas filas do Celta vira reducida notablemente a súa participación, motivo polo que o club decidiu prescindir dos seus servizos, dado que nin Paco Herrera nin Abel Resino confiaron en gran medida nel. A esta circunstancia débenselle engadir os 35 anos que ten o xogador, unha idade que a directiva non considerou adecuada para competir de novo en Primeira.

Co adeus de De Lucas vaise un dos grandes protagonistas do rexurdir do equipo en Segunda, dado que trala súa chegada o equipo volveu a erigirse como un dos grandes da categoría e un serio aspirante ao ascenso que finalmente logrou o ano pasado. As súas cifras na categoría de Prata (78 partidos, 18 goles) avalan a súa importancia para o Celta de Vigo. Á marxe dos cedidos, a súa marcha súmase ás de Iago Aspas, Roberto Lago e Natxo Insa.


Augusto Fernandez marcou no Guatemala 0 Arxentina 4

O xogador celeste disputou todo o encontro e marcou o segundo tanto do partido de cabeza, a pase de Messi. Augusto xogou así o seu cuarto partido coa selección albiceleste pese a ser convocado con ela durante todos os partidos, oficias e amistosos, da temporada. Os outros tres goles marcounos Leo Messi que se coloca como o terceiro máximo goleador da selección Arxentina.



Resumo do partido